Seguimos aprendendo LETRAS na aula. Neste caso estamos traballando co nome de cada neno ou nena: cal é a PRIMEIRA LETRA DO SEU NOME e ademais de escribir a letra tamén buscamos esa letra nun cadro onde había moitas outras letras, rodearon todas as que atoparon igual que a súa.
Tamén seguimos reforzando o NÚMERO 1: GRAFÍA E CANTIDADE.
E ademais lembramos a FORMA que estivemos traballando no primeiro trimestre: o CÍRCULO.
Cos círculos deste ficha traballamos a SERIE de DOUS ATRIBUTOS.
Despois pintaron a seta doutras cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario