Está chegando a primavera e queremos empezar a plantar no noso horto por iso imos empezar a preparar o terreo para que nos dea unha boa colleita.
A Asociación Bidueiro, asociación sin ánimo de lucro, nada en Vigo no ano 2009 co fin de fomentar a educación medioambiental estiveron ensinándonos a facer abono natural cunha técnica chamada VERMICOMPOSTAXE. Trátase de facer abono con vermes, fibra de coco sacada da corteza do tronco dos cocos e miñocas vermellas de California da especie "Esenia foeitida". Elíxense estas miñocas porque se reproducen moito máis rápido que as outras e cantas máis miñocas máis abono faremos para aproveitar o humus de miñoca no horto escolar.
Vermicompostar no centro é unha actividade interesante para concienciar ao alumnado sobre a reciclaxe de residuos e o abonado do horto escolar con abonos naturais coma o humus.
Facemos o abono nun VERMICOMPOSTEIRO que consiste en tres bandexas apilables perforadas por debaixo. É un sistema ideado para poder reciclar os restos vexetais en espazos pequenos e de maneira sinxela.
as perforacións na súa base son vías de paso para que as miñocas vaian pasando de unha a outra a medida que van esgotando o alimento na anterior
e no fondo do vermicomposteiro hai unha bandexa con patas para os lixiviados no que se irá acumulando o abono líquido. Este caixón ten de lado unha billa para sacar este abono cando sexa preciso.
Primeiro temos que poñer a fibra de coco que ven prensada e compacta como un ladrillo en auga quente durante uns 10 minutos para que se abrande e se hidrate.
A continuación cubrimos a base da caixa que está no fondo coa mitade da fibra de coco
Logo botamos as miñocas enriba da fibra de coco. Empregaremos a primeira vez 1.000 miñocas que en dous meses converitanse en 2.000 que poden vivir ata 4 ou 5 anos.
Cubrimos as lombrigas co resto da fibra de coco que tiñamos a hidratar, expreméndoa un pouco para que non vaia moi mollada.
A continuación temos que darlle de comer para iso cortamos moi finos os restos orgánicos que lles gustan e exténdémolos sobre a fibra de coco. Deberemos botarlle de comer en pequenas cantidades e en varias veces.
Enterramos un pouco os restos orgánicos entre a fibra de coco.
E tapamos a caixa co resto das caixas xa que as miñocas failles dano a luz e prefiren estar as escuras.
Cando esa caixa estea chea de abono temos que colocar fibra de coco con comida na caixa de arriba porque as miñocas subirán a caixa de arriba polos buracos que ten na base buscando algo de comer. Empezará o proceso de facer abono na seguinte caixa e en dous meses o abono da caixa de abaixo estará listo para abonar o noso horto.
Xa sabedes todo o que poden comer?
AS MIÑOCAS GÚSTALLES MOITO:
as froitas e as verduras crúas ou fervidas;
o pelo, o papel e o cartón que non estean tratados con productos químicos;
as borras do café e as bolsas de infusións;
o aceite e o vinagre en pequenas cantidades;
as follas brandas das prantas en pequenas cantidades;
as cascas de ovo ben machacadas;
pan e galletas brandas;
serraduras, cinza, fibra de coco e po da aspiradora.
AS MIÑOCAS NON COMEN:
o plástico, o papel de añuminio e o vidro;
o peixe e a carne;
o pelo, papel e cartón que estén tratados con productos químicos;
as sementes;
os productos lácteos;
os ósos e cunchas;
os escrementos;
os restos de xardín duros
e o aceite de fritir.
O vermicomposteiro debe estar unn lugar protexido da choiva e do sol. Da choiva para evitar que se enchoupe e do sol porque o plástico actuaría como unha estufa facendo que o nivel de humidade descenda e se deshidraten as miñocas. Ó mellor é colocalo á sombra.
Tamén é convinte remexer de vez en cado o vermicomposteiro para evitar o apegañamento das miñocas.