Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
domingo, 1 de agosto de 2010
"A PRIMAVERA CAMBIA A TERRA"
Chegou a primavera e con ela os cambios na paisaxe. As árbores énchense de follas verdes, de flores e de froitos; os campos locen cheos de flores; novos animaliños surcan os campos. É umha estación do ano moi fermosa. A nosa aula tamén se enche de plantas que nós memos sementamos: lentellas, fabas, garavanzos e claveles chinos. Vimos o seu proceso de crecemento ó mesmo tempo que as coidabamos día a día. Convertímonos nunhos grandes labregos por un tempo.
AS LETRAS GALEGAS 2010
Este ano a Real Academia Galega adicou o Día das Letras Galegas a "UXÍO NOVONEYRA" e nós tamén lle fixemos a nosa pequena homenaxe aprendendo moitas cousas da súa vida.
domingo, 25 de julio de 2010
"ANIMA A RIMA"
Unha nova aventura na nosa clase. Esta vez aventurámonos a facer rimas cos nosos nomes, foi moi divertido. Este é un primeiro paso para logo escribir as nosas poesías.
Animádevos vós tamén seguro que vos saen cousas tan divertidas coma as nosas.
Animádevos vós tamén seguro que vos saen cousas tan divertidas coma as nosas.
martes, 18 de mayo de 2010
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ... "MONUMENTO Ó PESCADOR"
Figura de pedra esculpida por Alfonso Vilar Lamelas inaugurada en 1955 E que mide 12m de altura. É unha homenaxe ós homes do mar. Nela, sobre un alto pedestal de dous corpos, elévase a figura dun mariñeiro vestido coa roupa de augas que sostén un remo na súa man esquerda, no fronte, unha muller con un fillo e unha “patela”, espera pacientemente ou mostra o froito da pesca.
Así vemos nós este "MONUMENTO ÓS PESCADORES"
Así vemos nós este "MONUMENTO ÓS PESCADORES"
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ... "O NADADOR"
Esta obra de Francisco Leiro situada no entorno marítimo, é unha obra de bronce con nadadores que se zambullen no cemento da rúa e outras pezas máis abstractas.
Así vemos nós este monumento OS NADADORES.
Así vemos nós este monumento OS NADADORES.
domingo, 9 de mayo de 2010
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS........ "MONUMENTO A XULIO VERNE"
Escultura inaugurada o 17 de outubro de 2005. Foi esculpida en bronce polo vigués José Molares e doada á cidade pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra. Trátase dunha homenaxe que a cidade de Vigo realiza a Xulio Verne (no centenario da súa morte), pola mención á urbe viguesa no seu libro 20.000 leguas de viaxe baixo o mar. Representa o escritor francés sentado sobre os tentáculos dun monstro mariño ou lura xigante.
Esta é a nosa visión do "MONUMENTO A XULIO VERNE" que se atopa no NÁUTICO en Vigo.
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS.... "MONUMENTO Ó TRABALLO"
Grupo escultórico de Ramón Conde, unha das figuras claves da arte galega do século XX. Data de 1991. Situado ao comezo da Gran Vía, está formado por sete mariñeiros tirando dunha rede que sae dun mar representado por un estanque. Pretende ser unha homenaxe aos traballadores do mar. O monumento mide 8,50 metros de longo; 2,50 de alto e 3 de ancho.
Este é un monumento moi especial para Vigo xa que antigamente vivíase da pesca, polo que se lle adicou os pescadores. Esta é a nosa forma de ver o "MONUMENTO Ó TRABALLO" que se atopa na GRAN VÍA de Vigo moi pretiño do Corte Inglés.
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ..... "O SEREO"
Obra do escultor Francisco Leiro situada na Porta do Sol. Está realizada en aluminio sobre columnas de granito negro puído. Instalada en 1991, a figura representa un personaxe imaxinario híbrido de peixe e home.
Así vemos nós este monumento que nos gusta moito: "O SEREO" que se atopa na PORTA DO SOL de Vigo.
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ..... A "PORTA DO ATLÁNTICO"
Este monumento, realizado por Silverio Rivas, é unha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron do noso porto cara a América. Está composto por tres elementos complementarios, xa que proceden os tres dun mesmo bloque granítico. O principal é un arco ou porta en medio dun estanque situado no centro da Praza de América, o segundo está situado no inicio da Gran Vía e o último, ao principio da avenida de Castelao. As tres pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas na canteira do Porriño. A porta, elemento principal, pesa 427 toneladas.
Eiquí tedes a nosa visión da "PORTA DO ATLÁNTICO" que se atopa na PRAZA DE AMÉRICA en Vigo
martes, 4 de mayo de 2010
ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ..... "MONUMENTO ÓS CABALOS" "MONUMENTO ÓS CABALOS"
Grupo escultórico en bronce de Juan José Oliveira. Preside a Praza de España e representa un grupo de cinco cabalos ascendendo por unha fervenza. O conxunto pesa 40 toneladas e acada os 18 metros. A base compleméntase cun estanque de 10 m de diámetro. É unha homenaxe aos cabalos salvaxes que antigamente poboaban o monte do Castro e que na actualidade aínda pacen nalgúns montes de Vigo.
Na clase somos grandes debuxantes. Eiquí tedes a primeira mostra. Así vemos nós o "MONUMENTO ÓS CABALOS".
A NOSA CIDADE...
Este ano propuxémonos coñecer un pouco a cidade onde vivimos. Un día estivemos falando na asamblea sobre as cousas que os nenos e nenas coñecían desta cidade pero eran máis ben poucas. Así que era hora de coñecela un pouco máis e ir descubrindo todo o que hai de bonito nela. O ordenador foi o noso aliado, tódolos días buscabamos información sobre Vigo e cada día iamos descubrindo algo novo. Mirade todo o que aprendemos.
domingo, 7 de marzo de 2010
CHEGOU O ENTROIDO
Chegou a época de Entroido e nós na clase estivemos aprendendo un pouco das tradicións destas datas na nosa cidade, Vigo.
Deixámosvos o noso libro de actividades para que vós tamén o coñezades.
Deixámosvos o noso libro de actividades para que vós tamén o coñezades.
domingo, 21 de febrero de 2010
QUERES XOGAR CONMIGO?
Este trimestre estivemos a traballar sobre o conto de Eric Carle "QUERES XOGAR CONMIGO?". Os nenos e nenas estiveron moi motivados co tema. Foi un traballo moi intenso, escribimos, pintamos con diferentes utensilios (cordas, cepillos de dentes, peines, pinceis, esponxas, rodillos, ...), pero con un resultado increíble.
Eiquí vos deixamos a mostra.
Eiquí vos deixamos a mostra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

