domingo, 9 de mayo de 2010

ASÍ VEMOS NÓS OS NOSOS MONUMENTOS ..... A "PORTA DO ATLÁNTICO"

Este monumento, realizado por Silverio Rivas, é unha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron do noso porto cara a América. Está composto por tres elementos complementarios, xa que proceden os tres dun mesmo bloque granítico. O principal é un arco ou porta en medio dun estanque situado no centro da Praza de América, o segundo está situado no inicio da Gran Vía e o último, ao principio da avenida de Castelao. As tres pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas na canteira do Porriño. A porta, elemento principal, pesa 427 toneladas.

Eiquí tedes a nosa visión da "PORTA DO ATLÁNTICO" que se atopa na PRAZA DE AMÉRICA en Vigo


1 comentario:

Tacita de Café dijo...

Que artistas son estes nenos,e como van aprendendo as cousiñas da cidade.Parabens tamén para a mestra que os vai ensinando e incentivando.