Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de noviembre de 2010

FOMOS DE EXCURSIÓN Ó MONTE VIXIADOR

Este foi un gran día. Fomos o monte Vixiador que está en Candeán. Como estamos aprendendo na clase cousas sobre as árbores e as súas características observamos tódalas árbores que había. Recollemos follas de castiñeiro, de carballo, de piñeiro, de eucalipto, ... e tamén frotamos o seu tronco nun folio con ceras para comprobar que cada tronco é diferente ó igual cas súas follas. Tamén observamos a diferencia entre as follas simples e as compostas, as dentadas e as lisas. Aprendemos a abrir un ourizo sen picarnos e recollemos as castañas que atopamos. Había moitos cogumelos e coa axuda da guía que levaba a nosa mestra aprendemos cal era cada un deles. Chamounos a atención unha da cor verde escura, ¡era moi fea! pero non a atopamos no noso libro así que mellor non a tocamos por si é velenosa. O día foi perfecto, con moito sol e nada de frío. Rematamos a nosa viaxe no parque que había alí no monte. Deixámosvos as imaxes do ben que o pasamos.



domingo, 13 de junio de 2010

VISITA A "ALAZÁN"

Esta foi unha das visitas máis divertidas, aprendemos moitas cousas sobre os cabalos; como fan exercicio, o que comen, como hai que ensillalos, onde durmen, que material utilizan para facer a súa cama, ... Tamén vimos moitos ponis e por si fora pouco regaláronnos camisetas.
¡¡¡TEMOS QUE VOLVER!!!



domingo, 21 de febrero de 2010

VISITA Á FUNDACIÓN PEDRO BARIÉ DE LA MAZA

O día 9 de decembro fomos a ver unha exposición de fotografías da natureza na Fundación Pedro Barrié de la maza de Vigo. A gran beleza destas fotos fíxonos pensar no importante que é o seu coidado. Nós, acostumados a separar o lixo e a reciclar na nosa aula, fixemos a nosa pequena contribución a este gran paisaxe, que nos atopamos, enchéndoo de árbores e animais e levando ó lixo o seu colector correspondente.
Mirade como traballamos.


domingo, 14 de febrero de 2010

VISITA Ó MUSEO VERBUM E ... "CONTOS PARA FALAR"

O día 11 de novembro visitamos o museo Verbum para asistir ó espectáculo "CONTOS PARA FALAR" escenificado por Benxamín Novoa. Foi moi divertido e ademais dérononnos dous agasallos, un libro de contos e u cd cos contos e a música.