domingo, 28 de noviembre de 2010

FOMOS DE EXCURSIÓN Ó MONTE VIXIADOR

Este foi un gran día. Fomos o monte Vixiador que está en Candeán. Como estamos aprendendo na clase cousas sobre as árbores e as súas características observamos tódalas árbores que había. Recollemos follas de castiñeiro, de carballo, de piñeiro, de eucalipto, ... e tamén frotamos o seu tronco nun folio con ceras para comprobar que cada tronco é diferente ó igual cas súas follas. Tamén observamos a diferencia entre as follas simples e as compostas, as dentadas e as lisas. Aprendemos a abrir un ourizo sen picarnos e recollemos as castañas que atopamos. Había moitos cogumelos e coa axuda da guía que levaba a nosa mestra aprendemos cal era cada un deles. Chamounos a atención unha da cor verde escura, ¡era moi fea! pero non a atopamos no noso libro así que mellor non a tocamos por si é velenosa. O día foi perfecto, con moito sol e nada de frío. Rematamos a nosa viaxe no parque que había alí no monte. Deixámosvos as imaxes do ben que o pasamos.



No hay comentarios: