Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

O 12 de novembro celebramos o magosto no colexio. Na clase aprendemos moitas cousas sobre os castiñeiros e o seu froito: o ourizo que ten dentro a súa semente: a castaña. Fixemos unhas cestas especiais para este día. Reciclamos briks de leite e zume. Primeiro pegámolles trozos de papel de periódico con cola para que fosen máis duras, cando se secaron pegámoslle papel de cociña e deixámolas a secar e por último decorámolos cuns castiñeiros típicos de outono. Mirade que bonitas nos quedaron.





 





Ese día non tivemos clase na aula, primeiro fomos ver como algúns pais e nais do colexio asaban as castañas.



 e logo fixemos xogos polos que íamos pasando tódolos nenos e nenas de infantil: "O TRAGACASTAÑAS", "A CASTAÑA NA CULLER", "A CASTAÑA QUENTE" e o "MARCAPÁXINAS DE MAGOSTO". Rematados os xogos tocaba degustar esas castañas asadas. ¡Que boas estaban! ¡Para o ano máis! Eiquí vos deixamos a imaxes dos nosos xogos e da degustación




lunes, 8 de marzo de 2010

A TUNA DO POMBAL

O ENTROIDO tamén tivo a súa celebración no noso colexio. Este ano vai de AMOR.

Cada día da semana chegaba unha orde do Meco que procuramos respectar:
-  o luns unha flor vermella;
-  o martes unha garavata de corazóns;
-  o mércores algo vermello na cabeza;
-  o xoves un corazón vermello na cara

e o venres todos a disfrazarse. A TUNA DO POMBAL coas súa pandeiretas e guitarras tocou e cantou ó amor. "Clavelitos, clavelitos, clavelitos de tu corazón ..."



domingo, 21 de febrero de 2010

A VISITA DO PAXE REAL

Este ano tivemos unha visita moi especial. As súas maxestades os Reis Magos enviáronnos ó seu Paxe Real para recoller as nosas cartas e deixarnos os seus primeiros agasallos por ser tan bos durante o ano

domingo, 14 de febrero de 2010

SANTA CECILIA con FIADEIRO

O día 20 de novembro celebramos a festa da Santa Cecilia, patroa dos músicos. Compartiuna con nós o grupo Fiadeiro para ensinarnos os instrumentos tradicionais galegos: a guitarra, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, as cunchas, o tambor, o bombo, as culleres, as tarrañolas e a gaita. Aprendemos as súa partes, como soan e tamén como se tocan. Tamén nos ensinaron tres bailes típicos da nosa terra: a muiñeira, a xota e a ribeirana. E nós como non podía ser menos bailamos con eles.
Foi unha xornada moi divertida.