domingo, 1 de agosto de 2010

"A PRIMAVERA CAMBIA A TERRA"

Chegou a primavera e con ela os cambios na paisaxe. As árbores énchense de follas verdes, de flores e de froitos; os campos locen cheos de flores; novos animaliños surcan os campos. É umha estación do ano moi fermosa. A nosa aula tamén se enche de plantas que nós memos sementamos: lentellas, fabas, garavanzos e claveles chinos. Vimos o seu proceso de crecemento ó mesmo tempo que as coidabamos día a día. Convertímonos nunhos grandes labregos por un tempo.


No hay comentarios: