Ben entrado o outono e un ano máis no mes de novembro celebramos a festa do Magosto no noso cole. Ésta é unha data obrigada de comer este froito tan especial en Galicia. Os nenos e nenas de catro anos empezamos a facer preguntas na clase de cousas que non sabiamos del. A nosa mestra contounos que non se sabe moi ben quen o trouxo a Galicia, uns din que os romanos e outros que ten orixe indoeuropea e que foi a base da alimentación en Galicia durante moitos anos, sobre todo antes da chegada da pataca. Pero o que si sabemos é que nace dunha árbore. E, de cal?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario