domingo, 20 de marzo de 2011

PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR

O Concello de Vigo facilitounos o gozar da representación deste conto adaptado baseado nunha tradición popular.
Pepiña Maruxiña é unha xoaniña que busca polo xardín alguén que a axude a voar. Vai así coñecendo os distintos insectos que o habitan.
Mistura música e diferentes personaxes: insectos feitos de escuma e de globos.

É un conto interactivo onde os cativos e cativas participan de xeito activo.



No hay comentarios: