miércoles, 18 de marzo de 2020

OS ESQUÍOS ESTÁN NA CASA



#Opombalquedasenacasa

ANTE ESTA SITUACIÓN TAN EXTRAORDINARIA E CHEa DE DÚBIDAS QUE ESTAMOS VIVINDO, DESÉXOVOS QUE  ESTES DÍAS TRANSCURRAN COA  MAIOR NORMALIDADE DENTRO DAS VOSAS POSIBILIDADES E QUE TODOS E TODAS CONTINUEDES COA MESMA SAÚDE QUE O DÍA QUE NOS VIMOS POR ÚLTIMA VEZ.

SABENDO DAS VOSAS PREOCUPACIÓNS CON RESPECTO A FUTURA MARCHA DESTE CURSO O alumnado de 5 anos A E MÁIS EU, ainda que cada quen estea na súa casa, imos estar xuntos no noso blog.


Para poder pasar mellor o tempo debemos seguir unhas rutinas . TRÁTASE DE NON ALONXARSE DAS RUTINAS ACADÉMICAS PARA QUE SIGAN CONECTADOS COA ESCOLA. EIQUÍ VOS DEIXO UN MODELO DE HORARIO QUE PODEDES SEGUIR:



SUXERENCIAS  DE  ACTIVIDADES  PARA O HORARIO DE TRABALLO NO COLE
   
PARA CONTINUAR CO TRABALLO QUE FACIAMOS NORMALMENTE NA AULA VOUVOS PROPOÑER UNHAS SUXERENCIAS PARA QUE FAGAN OS NENOS E NENAS NA CASA:

Facer una cuadrícula imitando o calendario do mes e repasar cada día, que día é (exemplo: martes) cal foi o día anterior (luns) e cal é o día seguinte (mércores). Escribir no recadro correspondente o número do día que é e debuxar o tempo que fai (sol, sol con nubes, nublado, choiva, vento) igual que facemos no cole a diario.

Practicar algo de lectura  diaria – mellor en libros con letras maiúsculas.

ESCRIBIR OS NÚMEROS A DIARIO: XA SABEN ESCRIBIR ATA 30 PERO PODEN SEGUIR AVANZANDO CON MÁIS NÚMEROS.
Facer contas cada día - Sumar, restar,

Facer debuxos SINXELOS DE COUSAS QUE VEN NA CASA OU NA TELE e escribir o seu nome (un en cada medio folio) e convertilo nun caderno de escritor/a. Na volta á clase faremos una exposición con todos os cadernos.

Facer manualidades creativas (NOS PRÓXIMOS DÍAS SUBIREIVOS ALGUNHAS SUXERENCIAS) -  
Será un desafío e despois faremos unha exposición.
Actividades  de  motricidade fina  con  cousas  da  casa: xogar  con  pinzas  da  roupa  A FACER SUMAS E RESTAS UTILIZANDO PINZAS DE DIFERENTES CORES;  facer  seriacións de  cores  enganchando pinzas; FACER SERIES CON MACARRÓNS E LENTELLAS; …

Plastilina ou  pasta  de modelar:  FACER LETRAS E LOGO FORMAR PALABRAS CON ELAS; FACER NÚMEROS E LOGO ORDENALOS FACENDO A RECTA NUMÉRICA, TAMÉN FACER LIBREMENTE O QUE LLES GUSTE.

Realiza algún experimento ou prepara unha receita de cocina CON MAMÁ E PAPÁ E DESPOIS TENTA ESCRIBILA .


Lembrade que podemos comunicarnos a través dos comentarios.  pero nos esquezades poñelo voso nome.

E agora ven o divertido... Baila, canta, xoga ca túa familia e intenta facer algunha actividade física.
NOS PRÓXIMOS DÍAS SEGUIREI AMPLIANDO ESTAS SUXERENCIAS.

OGALLÁ QUE MOI PRONTO TODOS ESTEAMOS DE NOVO NA ESCOLA. Ánimo e estamos en contacto!!
MOITA SAÚDE PARA TODOS E TODAS

ATA PRONTO FAMILIAS.
 



1 comentario:

Elisa A.R. dijo...

Gracias Rosa, estamos todos bien. Escribo lo que Martín me dicta: "echo mucho de menos el colegio. Estoy aprendiendo a jugar al baloncesto. Estoy haciendo colegio en casa. Escribiré los números todos los días. Profe Rosa, espero verte muy pronto. Muchos besos, Martín."