Bos días
Empezamos un novo trimestre e novas actividades.
Nos vos esquezades de seguir facendo o calendario
tódolos días.
Nesta actividade imos a traballar: a primavera, pintar,
recortar, os números e as sumas.
1. Debuxades en medio folio o talo cun
rectángulo e o centro da flor cun círculo. No círculo poñemos un número do 1 ao
10. No talo imos a debuxarlle tantas follas como indica o número do centro da
flor.
2. Podedes facer tantas fores como queirades.
3. Noutros folios debuxades pétalos para cada
flor. Nos pétalos tedes que escribir sumas.
4. Coloreamos o centro da flor, o talo, as
follas e os pétalos.
5.
Logo recortamos
os pétalos e imos colocando cada un na flor que lle corresponda de forma que a
suma de cómo resultado o número que está no centro da flor.
Podedes facer tódolos pétalos que precisedes para
completar todas as sumas posibles con cada número, como cando faciamos a
descomposición dos números na aula.
Eiquí vos deixo un modelo de referencia.




No hay comentarios:
Publicar un comentario