viernes, 15 de enero de 2021

UN DÍA NOVO NA AULA DOS ESQUÍOS

 

Hoxe tocoulle o turno á ÚLTIMA LETRA DO SEU NOME Tamén descubrimos que na clase hai nenos e nenas que teñen a mesma letra de última e outros que teñen letras diferentes. Pasámolo moi ben aprendendo novas letras.


Ademais traballamos os conceptos CHEO – BALEIRO  / LLENA – VACÍA. E como reforzo na ficha coloreamos a caixa que está chea.



 
Despois estivemos practicando na pizarra dixital o trazo vertical e un memori de letras.

Foi un día moi divertido.

 

No hay comentarios: