O día 20 de novembro celebramos a festa da Santa Cecilia, patroa dos músicos. Compartiuna con nós o grupo Fiadeiro para ensinarnos os instrumentos tradicionais galegos: a guitarra, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, as cunchas, o tambor, o bombo, as culleres, as tarrañolas e a gaita. Aprendemos as súa partes, como soan e tamén como se tocan. Tamén nos ensinaron tres bailes típicos da nosa terra: a muiñeira, a xota e a ribeirana. E nós como non podía ser menos bailamos con eles.
Foi unha xornada moi divertida.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Dou fé diso xa que Cecilia e as irmáns viñeron ben ledas ese día,contando todo e que o pasaron moi ben.
Noraboa por implicarvos tanto cos nenos,e ensinarlle a motivalos coa música,e mais nesa data celebrando Santa Cecilia.
......Cecilia Salomé....
Publicar un comentario