http://mami-logopeda.blogspot.com/2010/06/reciclaje-de-ceras.html
Xuntas puxemos en práctica esta experiencia e o resultado foi o seguinte:
1º.- Poñemos a precalentar o forno a 180º.
2º.- Mentras quece o forno enchemos moldes pequenos de silicona cos anacos pequenos de ceras. Poden ser moldes con diferentes formas así sairán ceras de diferentes formas.
3º.- Introducimos no forno os moldes coas ceras e deixámolos uns trinta minutos.
4º.- Pasados os trinta minutos sacamos a bandexa do forno cos moldes e deixámolos enfriar.
5º.- Cando estén fríos sacamos as ceras dos moldes e velahí tedes o resultado. Ceras novas e moi orixinais.
¡¡¡ A pintar!!!
2 comentarios:
Qué boa idea,faremolo na casa,a bo fe que si.saúdiños.
Ola a todos e todas!
Que ilusión compartir as ideas con outros nenos e nenas.
Ceip. Ría de Vigo
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/
Publicar un comentario