domingo, 12 de diciembre de 2010

RECICLAMOS AS CERAS

Cando as ceras son moi pequeniñas que xa nos custa collelas para pintar ou cando van vellas porque teñen moitos anos non é preciso tiralas ó lixo. A mestra Paula do Ceip Ría de Vigo navegando pola rede atopou esta idea tan interesante no blogue "Mi mami es logopeda" .

http://mami-logopeda.blogspot.com/2010/06/reciclaje-de-ceras.html

Xuntas puxemos en práctica esta experiencia e o resultado foi o seguinte:

1º.- Poñemos a precalentar o forno a 180º.

2º.- Mentras quece o forno enchemos moldes pequenos de silicona cos anacos pequenos de ceras. Poden ser moldes con diferentes formas así sairán ceras de diferentes formas.




3º.- Introducimos no forno os moldes coas ceras e deixámolos uns trinta minutos.

4º.- Pasados os trinta minutos sacamos a bandexa do forno cos moldes e deixámolos enfriar.




5º.- Cando estén fríos sacamos as ceras dos moldes e velahí tedes o resultado. Ceras novas e moi orixinais.







¡¡¡ A pintar!!!


2 comentarios:

Tacita de Café dijo...

Qué boa idea,faremolo na casa,a bo fe que si.saúdiños.

Infantil Ría de Vigo dijo...

Ola a todos e todas!
Que ilusión compartir as ideas con outros nenos e nenas.
Ceip. Ría de Vigo

http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/