Bo día:
Un novo día e un novo reto:
Nesto reto imos a traballar os números: anterior-posterior
Para esta actividade podedes utilizar material de refugallo: cartón dunha caixa de cereais, galletas, leite, … tapas de leite, zume, bebibles, …
Debuxades uns rectángulos de 15cm x 5cm. Xa sabedes, poñedes a regla e marcades a raia dendo o 0 ata o 15, poñéndolle ademais un puntiño no 5 e no 10. Como mínimo hai que facer 10 cartóns. Cantos máis fagades mellor. Una vez debuxados recortádelos.
Logo debuxades una raia vertical en cada rectángulo cada 5 cm, é dicir, onde puxestes os puntiños no 5 e no 10.
Despois con rotulador escribimos un número no recadro do centro de cada cartón, empezades polo 1 e seguides en cada cartón cos números en orden ata que completedes tódolos cartóns que recortastes.
Agora tócavos preparar os tapóns. Escribimos números en cada un deles cun bolígrafo ou rotulador, pero lembrade só tedes que ter un tapón co número 1, pero hai que ter dous tapóns co número 2, dous co número 3 e así sucesivamente con tódolos números que fos fagan falla. Xa sabedes como mínimo hay que ter cartóns ata o número 10 polo tanto hai que ter tapóns con números ata o 11.
Se non tedes suficientes caixas e tapóns para facer tantos podedes seguir completando o xogo nos vindeiros días cando se vaian baleirando máis caixas na casa. Para os que non teñades tapóns tamén podedes utilizar círculos que debuxedes vós con números e logo os recortedes.
Xa estades preparados para xogar. Hai que ir poñendo en cada cartón o número anterior e o seguinte ao que está no medio cos tapóns ou círculos.
Eiquí vos deixo un modelo para que vexades.
Xa sabedes hoxe e xoves, e é o día de Relixión e Atención Educativa.
E estamos a preparar una actividade para Atención Educativa, nun ratiño vola engadirei.
Para esta actividade de Atención Educativa ides a empregar un bote, una lata, una caixa, … algo que teñades na casa para meter cousas dentro
A idea consiste en escribir todas as noites unha palabra de algo positivo dese día, algo que nos gustara, algo co que disfrutaramos moito..., contádesllo á vosa familia e metédelo no bote. Cando remate o confinamento e esteamos todos xuntos abriremos eses botes e falaremos diso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario