viernes, 17 de abril de 2020

PRIMAVERA ESPECIAL



Bo día a todos e todas!

O reto de hoxe vai de Manualidades de primavera. Vou a propoñervos 3 manualidades, non tedes que facelas todas, só as que queirades porque vai a depender do material que teñades na casa.
Para a primeira precisades un cartón de ovos, una caixa de queixiños, unas tesoiras, pintura, pegamento e fío ou la para colgar.

Manualidade: Móbil de primavera

Recortades cada oco do cartón de ovos como vos indico para que nos quede una flor con pétalos.



Despois pintades cada flor da cor que queirades.

Facédeslle un oco na base para poder pasar a la, un pouco longa facéndolle un nó para que non se saia da flor.

Despois pegamos todas as las arredor da caixa redonda de queixiños que podedes decorar  ao voso gusto. Se non tedes esta caixa podedes recortar un círculo dun cartón que teñades na casa debuxándoo cun prato pequeno e logo pegar as las arredor un pouco separadas.

E xa estaría lista para colgar nalgún lugar da casa.


Para a segunda manualidade precisamos: un cartón do rolo de papel hixiénico, un papel e logo anaquiños de papeis de cores para decorar a o voso gusto.

Manualidade: Bolboreta

Primeiro debuxades no papel dous corazóns grandes, máis ou menos iguais, podedes colorealos ou xa facelos nun papel da cor que queirades. Cando estean listos recortamos os dous.


Pintades o rolo da cor que queirades ou forrádelo pegándolle un papel de calquera cor. Lembrade sempre cores clariñas para que destaque o que despois lle pegamos por enriba para decorar.

A continuación pegamos os dous corazón pola punta de abaixo y pegámoslle enriba o rolo.

Logo pegádeslle os ollos, se non tedes vale con un círculo pequeno branco debuxándolle un puntiño negro no medio.

Para as antenas tamén podemos empregar unas tiras (rectángulos longos e delgados) de cartolina ou folio e rizándoo un pouco coa tesoira.

Xa está lista para decorar as ao voso gusto.


Agora chega a terceira que estou segura que podedes facer todos. Esta ten un pouco de maxia por iso non vos vou deixar ninguna imaxe senón romperíase a maxia.

Manualidade: Flor máxica

Presidades: un papel, ule, … para non manchar a mesa onde traballedes, una tira de papel de cociña e rotuladores, un recipiente un pouco máis longo que a tira de papel de cociña e auga.

Primeiro colledes a tira de papel de cociña e dobládela pola metade.

Debuxades na parte de arriba una flor similar a que vos deixo na imaxe, lembrade que o talo ten que ter oco para pintar, non pode ser só una raia. Tedes que calcar o suficiente ou repasala co rotulador varias veces para que o debuxo pase a parte de abaixo do papel de cociña.


Cando xa aparece a flor no parte de abaixo do papel de cociña pintades esa parte de abaixo con rotuladores de cores: o centro dunha cor, os pétalos doutra cor, e o talo e as follas xa sabedes de que cor son. Aquí non fai alla que calquemos, só pintalas.

Cando estea volvedes a dobrar o papel e preparades o recipiente con auga.

Soltamos o papel dobrado coa parte que está sen pintar cara arriba e soltámolo na auga.

Observamos o que sucede. Podedes facer algunha foto para logo ensinarme a min.

As e os que non teñades material podedes facelo outro día, cando na casa se baleire un cartón de ovos ou un rolo de papel hixiénico.
Espero que vos gusten estas manualidades e que vos fagan pasar un día divertido.

Como hoxe é venres lembrade que tiñades clase de MÚSICA podedes ver as actividades que vos deixa a profe Tere neste enlace. A profe Tere mándavos moitos biquiños a todos e todas.

Tamén tiñades clase de INGLÉS coa profe Jessica que vos deixa estas actividades para repasar o aprendido na aula.


        REPASO 5 AÑOS INGLÉS                  
Repaso de los colores (red, blue, yellow, green, pink, purple, orange, brown, black, white, grey).

Podemos repasarlos  enseñándoles objetos de diferentes colores y que ellos los nombren. También al revés, que sean ellos los que los nombren y nosotros tengamos que encontrar un objeto objeto de ese color; a modo de juego.
Como recurso, estas dos canciones, trabajan los colores que conocen:
                        What color is it?” https://www.youtube.com/watch?v=FMRkKbbrQ7E
                         “Color mixing”
Repaso de los números del 1 al 20.
Podemos darles conjuntos de objetos para que los cuenten y tengan que decir cuántos hay; o que nos den una cantidad determinada, de algún objeto que les pidamos.
Estos dos vídeos sirven para reforzar.
Como recurso, pueden repasar los números con esta canción:
“Let`s count  to 20 song”:


Un biquiño enorme da miña parte.

No hay comentarios: