jueves, 28 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

 

Na aula dos Esquíos estamos preparando a decoración para A PAZ. Estampamos unha man branca nun banderín para colgar nas fiestras. Tamén pintamos as letras da mensaxe “DÍA DA PAZ” para pegarllas enriba da pomba porque aínda non sabemos escribir moi ben.

Ademais estivemos preparando unha pomba para decorar na nosa casa. Fixémola cun prato de cartón e unha blonda. Dobramos o prato coa axuda dunha regra (pero non o recortamos deixamos as dúas partes para que se poida soster apoiado enriba de algo) , axudamos a pegar un anaco de blonda por cada lado para facer as ás e tamén pintamos de amarelo dous triángulos iguais para facer o pico e por último pegámoslle os ollos.

 


Seguimos traballando co NÚMERO 1 para recoñecer a GRAFÍA na pizarra dixital e na seguinte ficha. Tiñamos que atopar o número 1 e rodealo. Logo pintamos esas boliñas de marelo. Tamén escribimos un 1 en cada punto para practicar a grafía.


 

Tamén seguimos practicando o trazo vertical, hoxe tivemos que pintar 3 patiños e logo facerlle os camiños para chegar ao chan.

Hoxe tamén tivemos clase de MÚSICA coa profe Teresa e estivo ensinándonos a canción da Paz para este ano: "COLOR ESPERANZA" de Diego Torres.


No hay comentarios: