lunes, 1 de febrero de 2021

EL NÚMERO 2

 

Empezamos un novo mes e na asemblea coincidiu que o encargado de hoxe empezaba pola mesma letra que este mes: Farouk – Febreiro. Isto serviunos para reforzar a aprendizaxe da letra F. Tamén estivemos buscando outras cousas que teñen nome que empeza pola F.

No encerado dixital tamén traballamos sobre esta letra.

Seguimos repasando os días da semana e aprendendo a súa canción.


 

Empezamos co NÚMERO 2 para recoñecer a GRAFÍA e  practicar a escribila. Fixémola coa man no aire e logo escribímola primeiro con lapis e logo con rotulador na seguinte ficha. Para traballar as CORES tamén pintaron o pico e as ás de laranxa e o patiño (número 2) de amarelo. Despois pintaron a auga na que está nadando de azul e o sol de amarelo.


Hoxe tamén tiveron clase de inglés na que seguiron aprendendo os saúdos coa seguinte canción:


 

No hay comentarios: