lunes, 14 de junio de 2021

VISITA A GRANXA KIRIKO

 

O día 11 de maio foi un día moi especial para o alumnado de 3 anos. É a primeira saída que se fan dende o cole. Tamén foi a súa primeira viaxe en autobús todos xuntos. A viaxe foi emocionante observando todo o que pasaba ao seu arredor, as bateas no mar (aprenderon que nelas criábanse os mexilóns), a ponte de Rande, o viaducto de Redondela e o encoro de Eiras. Todo lles resultaba emocionante aínda que o seu maior interese estaba en chegar a granxa, non paraban de preguntar cando chegabamos.

 O chegar ao noso destino convidáronnos a galletas para o almorzo e logo contáronnos un conto moi divertido, a continuación fixemos unha manualidade relacionada co conto. Despois aprendemos a plantar lentellas nun vaso de iogur ao que lle puxemos o nome.

Máis tarde visitamos os pavos reais, os cans que puidemos acariciar e os patos. E con isto chegou a hora da comida. Pola tarde fixemos galletas e despois fomos visitar moitos animaliños: cabras as que tocamos e lle dimos de comer, galiñas, ovellas, vacas, cabalos, burros... Montamos a cabalo, E para repoñer forzas de tanta camiñata déronnos unha rica merenda.

Todos viñeron encantados con esta visita e están desexando volver.

 
 

No hay comentarios: