domingo, 12 de diciembre de 2010

REUTILIZAMOS OS ROTULADORES

Unha nova idea para que os rotuladores gastados non se tiren ao lixo.

Metemos os rotuladores que xa non pintan nun recipiente con auga. Nós cortamos as botellas de auga baleiras pola metade e utilizámolas de recipiente, así tamén as reutilizamos.

Deixámolos na auga para que día tras día vaian soltando a tinta que lles queda e se a auga se vai evaporando engadímoslle máis. Tamén lle vamos engadindo os novos rotuladores que vaian deixando de pintar.

A auga vaise tinguindo da cor dos rotuladores e xa temos auga de diferentes cores que podemos utilizar como pinturas de acuarelas.

¡¡¡Probade a experiencia!!!











1 comentario:

Infantil Ría de Vigo dijo...

Moitas grazas pola vosa idea... nós tamén a engadimos ao noso blogue...

Ceip. Ría de Vigo
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/