lunes, 13 de abril de 2020

UN NOVO TRIMESTRE

Hola meus queridos esquíos:

Mañá martes 14 de abril comeza o trimestre máis estraño das nosas vidas... Agardo que esteades todos e todas ben. Teño moitísimas ganas de estar de volta na aula, contarnos moreas de cousas que aconteceron nestes días na casa, volver a xogar xuntos e darnos miles e miles de apertas e bicos! 

Todo chegará!!

A Consellería de Educación publicou esta tarde un comunicado dirixido ás direccións dos Centros educativos no que se indica que continúa a actividade lectiva non presencial e infórmanos, asimesmo, dunha xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores 15 de abril, na que concretarán medidas para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.

Seguide atentas á web do cole e ao noso blogue. Informaremos de todas as instrucións que vaiamos recibindo.

E a expensas das instrucciones da Consellería imos a continuar traballando a través do blog, donde seguirei facéndovos propostas de actividades con materiais que poidades ter na casa y sin que sexa una carga para vós pois realmente descoñezo os recursos dos que dispoñedes cada familia y as circunstancias persoais polas que estades pasando.

Un bico moi, moi forte para todos vós, e para os adultos que vos acompañan neste camiño.

Coidádevos moito e moita forza! Xa queda menos!!

5 comentarios:

Elisa A.R. dijo...

Moitas grazas, Rosa. Seguimos en contacto aínda que sexa por aquí... Unha aperta

Unknown dijo...

Buenos dias Rosa,he descargado la app de abalar como me dijiste pero me dice que nuestros telefonos no estan asociados a ningun alumno

Unknown dijo...

Soy la mamá de Vera que no lo puse antes. Gracias

Unknown dijo...

Grazas Rosa! Esperando que nos poidamos ver pronto! Apertas. Daniel

Elena Coello dijo...

Moitas grazas Rosa, lemos cada día o que pos. Seguimos en contacto! Elena (Mamá de André)
André: moitas apertas e moitos bicos